[28-11-2011] A festa por excelencia do outono, o magosto, celebrarouse o sábado 26 de novembro en Ames. A praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, e a praza de Chavián, en Bertamiráns, acolleron cadanseu magosto, nos que a veciñanza puido vivir unha tarde chea de música tradicional, xogos populares, castañas, bolos preñados e, como non, moita festa. Desde xogos para os máis pequenos a música para os máis maiores, todos puideron divertirse. Os magostos comezaron a partir das 17:00 horas en ambas as dúas localidades e remataron arredor das oito da tarde.
O Concello organizou para o día 26 de novembro as festas do magosto deste ano. Ambos os dous magostos comezaron ás cinco da tarde. No Milladoiro o magosto celebrouse na praza de Manuel Murguía. A partir das 17:00 horas comezou o reparto de castañas e bolos preñados. Ademais houbo xogos populares a cargo da Asociación de xogos tradicionais Compostela. A música tradicional correu a cargo da Requinta de Xián.
Por outra banda, en Bertamiráns, o magosto celebrouse na praza de Chavián. A partir das 17:00 horas houbo xogos populares a cargo da Asociación xogos tradicionais Compostela, mentres que a musica tradicional correu a cargo das Asociacións Culturais Os Castros e Follas Novas. Ademais houbo tamén unha exposición micolóxica organizada pola Asociación Fragas e Cogomelos Mar de Ovellas. A partir das 18:00 horas fíxose o reparto de castañas e bolos preñados.
Este ano os magostos foron un éxito pois das 600 racións que se ofreceron entre Bertamiráns e Milladoiro, esgotáronse todas.
Colaboración das asociacións
Nesta nova edición do magosto participaron un bo número de asociacións do Concello. Así, en Bertamiráns colaboraron as asociacións Follas Novas, Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), Asociación Cultural Virxe da Peregrina, Asociación Fragas e Cogomelo Mar de Ovellas e a Asociación Lentura.
Mentres que no Milladoiro colaboraron a AEMI (Asociación de Empresarios do Milladoiro), a ANPA do CEP de Ventín, a Asociación de festas O Milladoiro, Arcea-Adames (Asociación de Discapacitados de Ames), SD Milladoiro, ANPA Millapeques, ANPA da EEI Madalena, Club Atletismo Millaraio, JUPEMI, Asociación de pequenos comerciantes Viorneira-Palmeira Bulevar e Asociación veciñal promilladoiro.




