Pestanas principais

Mulleres do mar e teatro infantil con “Asdomare”, este xoves 17 en Bertamiráns

Luns, 14 de marzo de 2022

A proposta de narración oral e música “Asdomare” será a segunda das catro obras da programación de artes escénicas para o público miúdo desta primeira metade de 2022. Será este xoves 17 de marzo, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Orientada á rapazada dos 6 aos 10 anos, a representación serve como homenaxe ás mulleres do mar. As entradas xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. A obra forma parte da programación do 8M de Ames.

“Asdomare” é un espectáculo creado en pleno confinamento, e que serve de continuación da obra da mesma compañía “O pozo das señoras”. Se daquela as protagonistas eran as lavandeiras, nesta ocasión son as mulleres do mar, cunha proposta que serve para homenaxear e tecer memoria a través da narrativa oral e da música popular.

Rilo & Penadique é unha compañía formada no 2017 por Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Nos seus espectáculos, maioritariamente dirixidos a bebés, rapazada e público familiar, conxugan o mundo da música e da palabra co mundo da infancia, abrindo a porta á reflexión sobre temas como a igualdade, o xénero, as relacións interpersoais ou a economía.

O programa completo de cultura de Ames do primeiro semestre de 2022, elaborado pola Concellaría de Cultura en conxunto coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Pola súa banda, a programación ao completo dos actos do 8M en Ames pódese consultar premendo nesta ligazón.

Venda de entradas e descontos

As entradas poden adquirirse por 4 euros a través da billeteira electrónica do Concello de Ames, ou ben unha hora antes do comezo do espectáculo na Casa da Cultura de Bertamiráns, no caso de que aínda estean dispoñibles. Haberá prezo reducido do 50% do custo ordinario para o estudantado con carné de estudante, as persoas maiores de 60 anos, a rapazada menor de 12 anos, as familias numerosas, a mocidade co carné xove e as persoas demandantes de emprego.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Música e narrativa para seguir vindicando o Día da Muller con ‘Asdomare’"

Mulleres do mar e teatro infantil con “Asdomare”, este xoves 17 en Bertamiráns

Multimedia

  • Mulleres do mar e teatro infantil con “Asdomare”, este xoves 17 en Bertamiráns
  • Mulleres do mar e teatro infantil con “Asdomare”, este xoves 17 en Bertamiráns