Pestanas principais

Movilizacións do sector lácteo

Luns, 07 de setembro de 2015

[07-09-2015] O concello de Ames, que se adheriu á Plataforma pola defensa do sector lácteo o pasado 30 de xullo en sesión plenaria, informa sobre as movilizacións que se van desenvolver endefensa dete sector: Este luns día 7 de setembro empezarán as concentracións na capital galega. Na concentración do martes os gandeiros rodearán os centros comerciais Das cancelas e Área Central para visibilizar o seu labor e explicar a orixe do produto. O mércores 9 concentraranse en San Caetano e en Praza Vermella para reivindicar melloras de prezos e repartirán litros de leite. O xoves 10 terá lugar a manifestación a pé coincidindo coa reunión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea, que se celebrará en Bruxelas. Durante este día esperan reunirse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.