Xornada de portas abertas de gandería extensiva, exposicións de cogomelos, colmeas antigas e modernas, panais e instrumentos de apicultura e pequenos froitos, presenza de artesáns da cestería e da madeira, mostra dos cereais que se poden cultivar no monte e degustacións de froitos e aceites compoñen a oferta da I Feira do Monte que, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, desenvolverase en Trasmonte o vindeiro sábado, 23 de outubro. A Feira, que nace con vocación de continuidade, estenderase desde as 11:30 até as 19:30. "TantoMonte MonteTanto” nace coa intención de valorizar e dar importancia á diversidade do monte e amosar a gran variedade de produtos que obtemos delas.
A parroquia de Transmonte acolle esta I Edición da Feira do Monte “TantoMonte MonteTanto”, un evento co que se pretende valorizar e difundir a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte. Produtores e profesionais que traballan este eido congregaranse na xornada do sábado para dar a coñecer todo o que de si poden dar o monte cando se coidan.
Para Manuel Lens, a Feira nace cunha clara vocación de continuidade: “Queremos que esta sexa a primeira de moitas feiras; consideramos que poñer en valor o monte, dar a coñecer as súas posibilidades de explotación e amosar como se lle pode sacar rendemento son cuestións que probablemente contribuirán a que as nosas fragas estean mellor coidadas e, en consecuencia, teñan menos perigo, por exemplo, de ser pasto de lumes ou de abandono”.
Cogomelos, apicultura, castañas e pequenos froitos
Os cogomelos terán unha importante presenza na feira. Durante todo o día haberá unha exposición que amose unha importante variedade de especies das que podemos atopar nos nosos montes. Ademais, José Manuel Marcote e Roberto Montes, expertos micólogos, impartirán clases activas de coñecemento e identificación de especies. Tamén se poderán degustar algúns pratos elaborados con estes froitos do bosque.
Lugar importante ocupará tamén na Feira a apicultura. Coa participación da Asociación Galega de Apicultura, chegará á Feira unha exposición de colmeas antigas e modernas, panais e outros óinstrumentos de apicultura. Ademais, a asociación ofrecerá unha degustación de meles e produtos elaborados a base de mel.
Tamén colabora coa Feira “TantoMonte MonteTanto”, o consello regulador da Indicacion Xeografica Protexida "Castaña de Galicia", a través do seu presidente, Jesús Quintá Garcia, A castaña é, sen dúbida a raiña do outono galego, a única amparada baixo unha marca de calidade recoñecida pola Unión Europea: IXP (Indicación Xerográfica Protexida) Castaña De Galicia.
A exposición de Pequenos froitos silvestres, tamén con posibilidade de degustación, conformará un cuarto stand. Nos días precedentes á feira recolleranse olivas, avelás, noces, figos, froitos do loureiro... que se acompañarán doutros froitos xa comercializados coma arandos e framboesas.
Cestería, madeira e cereais
A cestería e material cesteable serán tamén protagonistas nesta feira. Varios artesán cederán as súas creacións para conformar u nha mostra de cestos, sombreiros, e outras artesanías que poñen en valor a gran variedade de materiais que podemos aproveitar do monte, como por exemplo: xuncos, breixos, silvas ou palla.
Tamén a madeira terá o seu oco na Feira. "Modesta", que sen previr de especies nobres serve para a construción dunha grande cantidade de utensilios cotiás como pratos, culleres, garfos, táboas ou zocos ou sandalias.
Os cereais que se poden cultivar no monte, coma a cebada ou o centeo, estarán tamén representados na feira. O obxectivo é o de facer fincapé no uso agro gandeiro destes produtos
Por ultimo teremos tamén representados cereais que podes cultivarse no monte como cebada, centeo.... facendo fincapé no uso agrogandeiro destes produtos. Asemade ofrecerase unha degustación de pans elaborados con algunhas destas variedades de cereais.
No transcurso da Feira, todos os produtos cedidos por artesáns ou empresas estarán identificados, explicando a súa procedencia. Para o final do evento, aceites Abril cede un lote de produtos que se sortearán entre os asistentes.
Co obxectivo de termar do posible frío e contribuír a facer ambiente de outono ofreceranse castañas durante toda a xornada.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Trasmonte presumirá de productos del bosque con un ferial y degustaciones"
Lindeiros: "I Feira do Monte en Ames"








