[31-10-2011] O Concello de Ames comunica que na sesión plenaria celebrada o 27 de outubro de 2011 prestouse aprobación inicial á modificación de varias ordenanzas fiscais. Ademais prestouse aprobación inicial á Ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social municipal do Concello de Ames e á Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Por último, prestouse aprobación inicial á modificación das ordenanzas reguladoras da circulación do Concello de Ames; do prezo público pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal de Ames; do prezo público polos servizos culturais e deportivos; do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais de propiedade municipal e do prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Mediante o presente anuncio dito acordo de aprobación inicial sométese a exposición pública por prazo de 30 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Para o suposto de non presentarse ningunha reclamación o acordo de aprobación inicial quedará elevado a definitivo de forma automática. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a relación de ordenanzas municipais que foron aprobadas no devandito pleno do 27 de outubro de 2011.




