Mércores, 04 de outubro de 2017
[04-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa de que por cuestións alleas ao departamento de Educación houbo que modificar o segundo prato do menú que servirá nos comedores escolares este venres 6 de outubro de 2016. Deste xeito, os nenos e nenas comerán sardiñas con patacas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito menú.




