Pestanas principais

MODIFICACIÓN DE DATAS-Última fase das obras na rúa Anxeriz

Luns, 02 de febreiro de 2015

[02-02-2015] Debido ás condicións meteorolóxicas, modifícanse as datas para a acometida da última das actuacións no tramo da Rúa Anxeriz dende o portal do garaxe do número 16 (non incluído) ata o cruce coa rúa da Cruxa, que afectará aos garaxes de rúa Anxeriz cos números 17, 19 e 21, SENDO AS NOVAS DATAS ENTRE O LUNS 9 DE FEBREIRO DE 2015 ÁS 8:00H E O VENRES 13 DE FEBREIRO DE 2015 ÁS 20:00H, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Durante o transcurso desta actuación, os propietarios destes portais non poderán entrar nin saír dos garaxes. Así pois, DURANTE A SEMANA DO 2-6 DE FEBREIRO DE 2015, OS USUARIOS DE GARAXES DA RÚA ANXERIZ PODERÁN FACER USO DOS MESMOS CON TOTAL NORMALIDADE.

O Concello de Ames lamenta as molestias que estas actuacións, conducentes á mellora da circulación na zona, lles poidan ocasionar aos veciños.

Para calquera problema que puidera xurdir, ou calquera información da que precisen dispoñer, saiban que poden poñerse en contacto co concello nos medios habituais:

Teléfono 662 371 131 da Concellería de Vías e Obras, en horario de atención ao público.

Correo electrónico: obraseservizos@concellodeames.org

Policía Local: 619 767 575