Pestanas principais

Modelos de solicitude de fraccionamento e aprazamento da taxa de recollida do lixo no rural

Mércores, 14 de novembro de 2012

[14-11-2012] O Concello de Ames ofrece facilidades de fraccionamento e aprazamento do pago aos veciños e veciñas afectadas polo procedemento de comprobación limitada da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana. Consciente da situación económica actual, o Concello de Ames dálle aos cidadáns todas as facilidades posibles, permitindo o aprazamento do pago ou o fraccionamento en cotas mensuais, en función das cantidades. Para isto, o Concello pon a disposición dos cidadáns dous impresos de solicitude, que poden recoller nas oficinas xerais da Casa do Concello, nas oficinas da empresa concesionaria (Espina&Delfin) e que podes descargar premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas.