[17-08-2012] O Concello de Ames informa de que con motivo da aprobación da Lei 7/2012 do 28 de xuño, de Montes de Galicia (DOG número 140 do 23 de xullo de 2012), a utilización de fogos de artificio, o lanzamento de globos e doutros artefactos pirotécnicos relacionados coa celebración de festas locais, en terreos de zona forestal e influencia forestal, en época de perigo alto de incendio, estarán suxeitas a autorización previa do Concello e incluíra as medidas específicas de seguridade e prevención axeitadas.
As autorizacións concedidas anteriormente entenderanse como revogadas se o día da celebración o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) é extremo. O IRDI pode consultarse na web da Consellería de Medio Rural e do Mar http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/forestal/incendios_forestais/irdi/
Fóra da época de perigo alto, e desde que se verifique o IRDI de nivel extremo, manteranse as mesmas restricións. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a autorización de espectáculos pirotécnicos e o impreso de solicitude de autorización de espectáculos pirotécnicos.




