[13-06-2016] O Concello de Ames adhírese a convocatoria de feita polo FEMP para que os concellos garden un minuto de silencio este martes, 14 de xuño, polo graves e lutuosos feitos ocorridos na cidade de Orlando, nos Estados Unidos. Dende a concellaría de Servizos Sociais e Igualdade indican que ás 12:00 horas se gardará un minuto de silencio diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas xerais do Milladoiro. Dende o goberno municipal animan aos veciños a acudir a esta convocatoria para mostrar a repulsa ante este acto de violencia.
A Federación Española de Municipios e Provincias manifestou a súa consternación polos graves e lutuosos feitos ocorridos na cidade de Orlando e, como mostra de apoio ás vítimas, ás súas familias, convidou a todas as Corporacións Locais españolas a convocar aos seus veciños este martes, 14 de xuño, a un minuto de silencio, ás 12:00 horas, ás portas das Casas Consistoriais. A FEMP quere ademais manifestar a seu máis profundo rexeitamento ante actos como este que non fan senón demostrar os riscos que a intolerancia carrexa para a convivencia en paz das persoas.




