Pestanas principais

A mesa de contratación do Concello de Ames propón a UTE Acciona-Espina Obras Hidráulicas como empresa adxudicataria do ciclo integral da auga

Martes, 18 de novembro de 2014

[18-11-2014] Fixo a oferta económica máis vantaxosa. A Xunta de Goberno Local, tras valorar a proposta, decidirá sobre a adxudicación definitiva o vindeiro xoves.

A mesa de contratación do Concello de Ames propón a UTE Acciona-Espina Obras Hidráulicas como a empresa adxudicataria do ciclo integral da auga. A primeira tenente de Alcalde e integrante da mesa de contratación, Eugenia Martín, informa de que esta UTE fixo a oferta máis vantaxosa en termos xerais: “O canon esixido polo Concello para facer obras de saneamento de 208.000 euros elévase ata 280.000; ofrece un 15 por cento de rebaixa sobre o cadro de prezos deste tipo de obras, tanto ao Concello como aos veciños; e, ademais, asume como propio o custe de 300.000 euros ao ano que actualmente viña asumindo o Concello derivado do crecemento da infraestrutura dende 1998”.

Agora a Xunta de Goberno Local, tras valorar a proposta da mesa de contratación, decidirá o vindeiro xoves sobre a adxudicación definitiva do servizo por nove meses de duración, segundo estipula a licitación.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames elige la oferta de Acciona y Espina para la gestión del agua"
El Correo Gallego: "A mesa de contratación de Ames propón a UTE Acciona-Espina Obras Hidráulicas como adxudicataria do ciclo integral da auga"