Xoves, 21 de decembro de 2017
[21-12-2017] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús dos almorzos e do xantar que se servirán no Nadal Lúdico. Este servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Os menús están elaborados pola nutricionista municipal.




