Pestanas principais

Mellóranse as infraestruturas de artes escénicas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro

Martes, 27 de decembro de 2022

Esta mañá a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e mailo director de AGADIC, Jacobo Sutil, estiveron no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, para comprobar as melloras que se realizaron a través do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas do auditorio do Milladoiro. Dito proxecto foi cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (Unión Europea), número 2041/241, convocados para o ano 2022.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, mellorou as infraestruturas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Este proxecto foi adxudicado á empresa Tecesa Acústica Visual SL por un importe de 57.001,89 euros (IVE incluído). Os traballos realizados consistiron na mellora do equipamento do sistema de iluminación coa instalación de novo focos led; mellora do equipamento de vídeo cun novo proxector; instalación dunha nova estrutura metálica (truss) e dunha nova pantalla no escenario;  e dun novo sistema de conexión entre cabina e escenario (instalouse unha matriz central en cabina para conectar vídeo e audio co escenario).

Dita actuación foi cofinanciada con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de Nextgenerationeu e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (UE) número 2021/241. O importe da axuda concedida ascendeu a 29.646,08 euros. O importe restante, de 27.355,81 euros, foi sufragado polo Concello de Ames.

Durante a visita o director de AGADIC, Jacobo Sutil, dixo “para min como director de industrias culturais da Xunta de Galicia é un pracer comprobar que unha subvención financiada con fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, que dende a Xunta de Galicia publicamos a convocatoria a finais de 2021, xa é unha realidade. Deste xeito, O Milladoiro dispón dun espazo cultural cunha mellor dotación, con novos focos led, novo sistema de vídeo e un novo proxector que fará que o Concello aforrará custos porque non terán que alugar dito material. Felicito ao Concello de Ames pola boa xestión en todo o proceso da solicitude de dita subvención e por presentarse a esta convocatoria, para seguir mellorando este espazo cultural tan activo na programación cultural de Ames”.
     
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, explica “xa lle trasladei a Jacobo Sutil a importancia de convocar estas axudas porque son un gran incentivo para nós, para tratar de seguir mellorando as infraestruturas dos equipamentos culturais. Teño que recoñecer que sen estas axudas non sería posible realizar estas melloras que son moi necesarias para tratar de modernizar e contribuír ao aforro enerxético nos centros socioculturais. Vamos a volver a presentarnos a estas axudas para tamén tratar de mellorar os equipamentos do auditorio da Casa da Cultura Bertamiráns. O obxectivo é dispor duns auditorios con recursos para as compañías que representan un gran número de espectáculos en Ames ao longo do ano”.
       
Ademais, a concelleira de Cultura destaca “a importancia destas axudas que permitiron renovar por completo as infraestruturas das artes escénicas do auditorio do Milladoiro, xa que son cantidades económicas que non son facilmente asumibles polo Concello. Poder contar con esta subvención permite a modernización das nosas infraestruturas, que sumadas a outras intervencións que xa se fixeron ao longo do ano na Casa da Cultura e no auditorio do Milladoiro, van a repercutir nunha importante mellora destas instalacións ademais dunha mellor xestión sostible”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Impulso económico para a mellora do auditorio da casa da cultura do Milladoiro"

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e mailo director de AGADIC, Jacobo Sutil, estiveron esta mañá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro

Multimedia

  • A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e mailo director de AGADIC, Jacobo Sutil, estiveron esta mañá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
  • A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e mailo director de AGADIC, Jacobo Sutil, estiveron esta mañá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
  • Mellóranse as infraestruturas de artes escénicas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
  • Mellóranse as infraestruturas de artes escénicas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
  • Mellóranse as infraestruturas de artes escénicas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro