[28-12-2017] O Concello de Ames foi beneficiario dunha subvención con cargo a Orde do 21 de xullo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, para os anos 2016 e 2017. Deste xeito, as obras de mellora da accesibilidade na praia fluvial de Tapia (itinerarios, adaptación de mostrador e aseos, praza de aparcamento, mobiliario urbano e guindastre piscina) foron cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Este proxecto tivo o obxectivo (obxectivo temático 9) de promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación. Unha maneira de facer Europa.




