- Tematica
Na xornada de onte, domingo 8 de marzo, celebrouse a sétima edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e III Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic, unha proba na que este ano se inscribiron 569 persoas. Este ano, ao celebrar esta proba no Día Internacional da Muller, a cinta da liña de saída foi cortada polo alcalde, Blas García,e pola concelleira de Igualdade, Uxía García. Pódense consultar os resultados completos da proba premendo na seguinte ligazón.
O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizaron onte, domingo 8 de marzo, a sétima edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, unha proba que comeza no emblemático lugar de A Ponte Maceira e percorre as terras do noso municipio. Pódese acceder á galería de imaxes da proba na seguinte ligazón.
Ás 10.00 da mañá arrincou a proba para os participantes no trail longo que, en total, realizaron un percorrido de 16 quilómetros ata as instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro. Cinco minutos máis tarde, deu comezo a andaina, dunha distancia de 15 quilómetros. Así mesmo, para os participantes no trail curto e do III Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic, a carreira comezou ás 10:25 desde outro punto emblemático de Ames, a praia fluvial de Tapia.
No trail longo, o primeiro en cruzar a liña de meta na categoría masculina foi Maxi Oubiña Falcón, do club atletismo Cambados, cun tempo de 1.21.17. Óscar Guerra Magán, tamén do club atletismo Cambados, quedou na segunda posición, cun tempo de 1.21.23. Na terceira posición quedou Esteban Martín Álvarez, do Arcea De Ama Tri Arteixo, cun tempo de 1.22.17.
Na categoría feminina a gañadora foi María Frey López, do club deportivo Biosbardo, cun tempo de 1.34.12. A segunda posición foi para Julia Salvado Diéguez, da Sociedade Deportiva Compostela Atletismo, cun tempo de 1.45.18, mentres que na terceira posición quedou Laura Felipez Rodríguez, do Running Arteixo, cun tempo de 1.46.13.
Por outro lado, o trail curto, de 8 km de distancia, volveu a formar parte do campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic. Deste xeito, o primeiro clasificado na categoría masculina foi Álvaro Soto Des, do club deportivo Delikia, cun tempo de 00.35.42. No segundo e terceiro posto quedaron Adrián Sesar Míguez, do club atletismo O Pino, cun tempo de 00.36.48; e Hugo Morais Rodríguez, do Real Club Celta de Atletismo, cun tempo de 00.37.01.
Na categoría feminina do trail curto a gañadora foi Sandra González Fernández, do Atlética Lucense, cun tempo de 00.41.13. A segunda atleta en chegar á liña de meta foi Lucia Taboada Codesido, da SD Compostela Atletismo, cun tempo de 00.46.22, e na terceira posición quedou Carmen Rodríguez Villaverde, do club deportivo Brión Hyupersa, cun tempo de 00.48.10.
Na categoría feminina do campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic a gañadora foi Sandra González Fernández, do Atlética Lucense, cun tempo de 00.41.13. A segunda atleta en chegar á liña de meta foi Lucia Taboada Codesido, da SD Compostela Atletismo, cun tempo de 00.46.22, e na terceira posición quedou Judit Barros Campos, do club de atletismo +9 Moraña, cun tempo de 00.48.18.
Entrega de premios
Como vén sendo habitual nesta proba, a entrega de premios realizouse na parroquia de Piñeiro, nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, lugar onde finalizou a proba. Neste acto estiveron presentes membros do Goberno local e do grupo municipal popular.
Así mesmo, os tres primeiros clasificados a nivel absoluto de cada trail recibiron o seu respectivo galardón, así como os tres primeiros clasificados en cada categoría e os tres primeiros clubs da clasificación de cada un dos trails. Todos os participantes, tanto do trail como da andaina, recibiron un agasallo técnico.
Novas relacionadas
amsgo!: "Maxi Oubiña e María Frey, gañadores do VII Trail e Andaina Ribeiras do Tambre"























