[19-05-2016] Celi visitou este mes ás nenas e nenos da EIM A Madalena. Este extraterrestre, mascota do centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela, anunciara en maio un percorrido por centros escolares de Compostela e a súa comarca. Fíxoo para agasallalos co libro, recentemente publicado, das súas aventuras e acompañado co escritor que o fixo posible: Pere Tobaruela.
Para celebrar o Día das Letras Galegas a mascota do centro comercial visitou varias escolas e colexios, entre eles a escola infantil municipal A Madalena, no Milladoiro. O escritor e contacontos, Pere Tobaruela, e o propio Celi, narraron varias das aventuras protagonizadas polo extraterrestre aos pequenos e pequenas. Ambos agasallaron á EIM con exemplares do libro, “Celi, camiño das estrelas”.
As escolas infantís municipais de Ames desenvolven ao longo do curso unha programación de actividades que aglutina diversas actividades. En abril e maio estiveron celebrando o mes do libro. Deste xeito, con esta actividade remata a un mes cargado de actos por mor da celebración do Día das Letras Galegas na EIM A Madalena.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "A mascota Celi visita aos nenos da EIM A Madalena"