Sábado, 08 de xullo de 2017
[08-07-2017] Recibidos por membros da corporación municipal, a marcha de traballadores de FerroAtlántica chegou este venres, 7 de xullo, ao concello de Ames. Vindos desde Negreira, pasaron a noite nunha instalación municipal, para hoxe ás 8:00 horas poñer rumbo a Santiago de Compostela.
Na capital galega, haberá hoxe unha manifestación para defender os postos de traballo na Costa da Morte. O comité de empresa de FerroAtlántica asume que sen as centrais hidroeléctricas, as plantas de ferroaleacións de CEE e Dumbría pecharán, polo que están en risco 400 empregos directos en toda a comarca.




