Pestanas principais

A Mancomunidade de Santiago acorda crear unha comisión de Emerxencias

Martes, 03 de maio de 2016

[03-05-2016] Esta mañá o alcalde de Ames asistiu a unha nova xuntanza da Mancomunidade de Santiago, na que se acordou a creación de tres comisións técnicas de traballo. A primeira delas será unha comisión de Contas, para aprobar as contas deste exercicio, a segunda abordará temas de emerxencias, e a terceira será unha comisión mixta de traballo para dotar de contido a este órgano. Ademais, acordouse que os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e de Ames, José Miñones, ocuparán as vicepresidencias da Mancomunidade.

A comezos do mes de marzo realizouse un encontro, de carácter informal, no que todos os participantes acordaron recuperar a Mancomunidade, aproveitando o marco legal que ofrece para desenvolver algúns proxectos comúns. Seguindo este compromiso, na mañá deste martes, 3 de maio, celebrouse a primeira reunión oficial deste organismo para facer unha análise da situación actual na que se atopa a Mancomunidade.

Ademais, nesta xuntanza acordouse que os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e de Ames, José Miñones, ocuparán as vicepresidencias da Mancomunidade. Asemade, acordouse a creación de tres comisións técnicas de traballo para que a Mancomunidade comece a traballar en temas concretos.

A comisión de Contas, que terá que ser convocadas antes do 1 de xuño, ocuparase de aprobar as contas do exercicio 2016. No marco desta comisión acordouse, polo momento, non establecer ningunha cota para os membros deste órgano á espera de ver como vai funcionando a propia Mancomunidade e se resulta efectivo manter activo este órgano que aglutina a varios concellos da comarca compostelá.

A segunda comisión creada abordará temas de emerxencias co fin de estudar o servizo mancomunado de emerxencias, que engloba o servizo de bombeiros e protección civil. Para elo vaise a realizar un estudo para determinar a viabilidade de prestar estes servizos na comarca de Santiago de Compostela. Os concellos participantes na reunión de hoxe mostraron a súa preocupación pola prestación deste servizo que é de obrigado cumprimento por lei.

Sobre o parque comarcal de bombeiros, o alcalde de Ames, José Miñones, sinala que esta infraestrutura depende directamente do Consorcio, da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago, polo que haberá que agardar a saber o que acordan sobre este asunto. Nós sempre defendemos que queremos dispor deste servizo, estea en Ames ou en Santiago, pero que se preste o máis axiña posible. Se o parque se constrúe no Milladoiro mellor, pero isto non vai a ser un obstáculo pola nosa parte”.

Comisión mixta de traballo
O terceiro grupo de traballo creado é unha comisión mixta para dotar de contido a este órgano. O obxectivo é facer unha relación de temas nos que se pode ir traballando dende a Mancomunidade e que beneficien á veciñanza dos concellos implicados. Miñones indica que “na reunión de hoxe xa se plantexaron diferentes temas para traballar e darlle sentido á Mancomunidade. Ademais, hai que establecer un calendario de actuacións para ir traballando sobre estes asuntos”.

O rexedor municipal finalizou dicindo que “a posición de Ames é clara. Nós sempre apostamos pola prestación de servizos comúns que conleve o aforro de cartos para as Administracións locais, e non pola fusión de concellos, que non compartimos. Tamén é importante non crear falsas expectativas coa posta en marcha deste órgano, xa que a Mancomunidade no pasado non funcionou como todos houbeses desexado. Por iso, agora, hai que dotala de contido para que poida seguir funcionando e non haxa que disolvela”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La Mancomunidade se reactiva fijando las emergencias como prioridad"
El Correo Gallego: "Ames estudia mancomunar las emergencias para Área"