Pestanas principais

Mañá, venres 17, celébrase a carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”

Xoves, 16 de marzo de 2023

Inicialmente prevista para o pasado sábado 11, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, organizada pola Concellaría de Igualdade, celebrarase finalmente este venres 17 de marzo, ás 17:30 horas, no parque verde central do Milladoiro (parque das piscinas).  Hai xa arredor de 300 persoas inscritas, e todos/as aqueles que o desexen poderán tamén anotarse in situ, antes do comezo da proba. Esta actividade forma parte da programación da Concellería de Igualdade polo 8M. 

“Moitos camiños, mesma meta” é un evento deportivo no que as persoas participantes deberán enfrontarse a doce obstáculos distintos ao longo de 1.500 metros, que se poden recorrer correndo ou andando. Non se trata dunha cita competitiva, senón dunha proba feminista que busca reivindicar as dificultades ás que se enfrontan todas as mulleres no seu día a día. Cada un dos atrancos simbolizará un reto distinto. Este é o terceiro ano que se celebra a carreira, que logrou gran éxito nas anteriores eleccións.

O recorrido poderase realizar de maneira individual ou con compañía, co fin de pasar un anaco lúdico. Ademais, búscase fomentar a participación do público familiar e propiciar o debate social sobre aspectos como a conciliación ou a corresponsabilidade.

No evento estará tamén presente a Plataforma Feminista de Ames, que preparará unha actividade musical para os e as participantes da carreira. Ademais, as súas representantes acudirán caracterizadas como algunhas das mulleres máis relevantes ao longo da historia.

Horarios e inscricións
A carreira celebrarase finalmente mañá, venres 17 de marzo, ás 17:30 horas, no parque verde central do Milladoiro. Nela pode participar calquera persoa maior de 5 anos. Todos os corredores recibirán un agasallo. As persoas que o desexen poderán anotarse in situ, antes do comezo da proba.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Llega la carrera feminista Moitos camiños, mesma meta este viernes hasta O Milladoiro"

Enfoques: "Ames celebra este viernes la carrera feminista 'Moitos camiños, mesma meta'"

Cartaz da proba "Moitos camiños, mesma meta"

Multimedia

  • Cartaz da proba "Moitos camiños, mesma meta"