[03-12-2015] Os comerciantes amesáns que queiran participar no X Concurso de Escaparates de Ames teñen até mañá, día 4 de decembro, para presentar a súa solicitude. As peticións recóllense no rexistro da Casa do Concello de Bertamiráns, ou no das oficinas municipais do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 do mediodía. Os escaparates deberán estar expostos entre os días 1 de decembro de 2015 e o 5 de xaneiro de 2016. Aqueles escaparates que non se atopen montados no momento da visita dalgunha das persoas que forman parte do xurado quedarán excluídos do concurso. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición neste concurso.
Todos os comercios recibirán boletos para a participación dos clientes. O fallo do xurado farase público o día 18 de decembro, así como o do público. O premio do xurado repartirá 1000, 700 e 400 euros entre o primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente. O premio do público dividirase en dous locais, o máis votado de entre os establecementos do Milladoiro e o máis votado en Bertamiráns, que recibirán 200 euros cada un. O premio especial X Aniversario consistirá no sorteo dun talón por valor de 300 euros entre os participantes. Os clientes tamén verán recompensada a súa colaboración, co sorteo entre o público que votou no Concurso dun talón de 300 euros.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: 'Termina el plazo para anotarse en el concurso de escaparates'




