Pestanas principais

Mañá de portas abertas da Fundación Secretariado Xitano

Xoves, 15 de xuño de 2017

[15-06-2017] Este venres, 16 de xuño, decorrerá na Xunta de Galicia -nas instalacións onde anteriormente estaba o rexistro-, a IV xornada de portas abertas da Fundación Secretariado Xitano (FSX). A actividade desenvolverase entre as 10:00 e as 14:00 horas. A Fundación Secretariado Xitano realiza diferentes iniciativas que procurar mellorar as condicións de vida das persoas xitanas, promovendo a igualdade e evitando toda forma de discriminación.