- Tematica
Desde mañá, día 8, ata o 21 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 6 e o 19 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da nova app Deportes Concello de Ames.
Coa chegada da época estival comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de xullo. Así, desde mañá, día 8, ata o vindeiro 21 de xuño, estará aberto o prazo para inscribirse nalgunha das tres quendas destas actividades. Ditas quendas están organizadas en función da idade dos/as participantes. Porén, as persoas que prefiran acudir aos cursos de natación que se impartirán en agosto deberán realizar a inscrición entre o 6 e o 19 de xullo. Os cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.
Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. Ás 11:30h comezarán os rapaces e as rapazas que superen os 9 anos de idade, mentres que ás 12:15h será a quenda dos/as nenos/as de 6 a 8 anos. A continuación, ás 13:00h, entrará na piscina a rapazada de 3 a 5 anos, que serán os últimos en mergullarse na auga.
Trámites de inscrición e prezos dos cursos
As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da nova app Deportes Concello de Ames. No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames activa el plazo para los cursos de natación de julio: calendario, precios y cómo inscribirse"






