Pestanas principais

Máis de medio centenar de persoas participaron na andaina polo Mar de Ovellas organizada a pasada fin de semana

Mércores, 24 de abril de 2024

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou unha andaina polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2024. Inicialmente, estaba previsto que se celebrase o pasado 25 de febreiro, pero mor por do mal tempo foi adiada e finalmente tivo lugar a pasada fin de semana, o sábado 20 de abril. O itinerario coincidiu co Camiño de Fisterra – Muxía. A andaina estivo teatralizada polos Quinquilláns (Tero Rodríguez e Lucho Penabade) e contou co acompañamento musical de Luís O´Caruncho. A actividade rematou no local social de Trasmonte cunha interpretacion dos Quinquilláns do poema Miña casiña meu lar e coa degustación duns petiscos.

Este ano, como novidade dentro da programación rosaliana, estaba prevista para o domingo 25 de febreiro unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas. Porén, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, foi adiada e finalmente tivo lugar o pasado sábado, 20 de abril. Esta andaina baseouse no poema rosaliano “A probiña, que está xorda...!”, localizado nesa costa, e recollido no libro “Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro cunha introdución explicativa da escritora e experta rosaliana María López Sández.

“Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía” afonda na relación entre as Terras da Maía e propia vida e obra da autora. Así, no libro percórrense os distintos escenarios do concello amesá vinculados á vida e á obra da escritora. Entre eses escenarios podemos atopar o Pazo da Peregrina, os Muíños de Lapido, a casa paterna de Rosalía en Ortoño e a costa de Mar de Ovellas, mencionada no poema “A probiña, que está xorda!”.

Ruta teatralizada
A andaina polo Mar de Ovellas desenvolveuse coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e do músico Luís O’Caruncho. Durante o camiño, houbo diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns (Tero Rodríguez e Lucho Penabade) e o músico Luís O'Caruncho achegaron aos máis de cincuenta participantes á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co Concello de Ames.

A andaina partiu de Augapesada e finalizou no local social de Trasmonte. O seu itinerario coincidiu co Camiño de Fisterra – Muxía. O percorrido, de dúas horas de duración, foi de 4 km, de dificultade media, cunha subida de ata o 10% de desnivel. A actividade rematou no local social de Trasmonte cunha interpretación dos Quinquilláns do poema Miña casiña meu lar e coa degustación duns petiscos.

Por parte do Goberno municipal participaron o alcalde e concelleiro de Turismo e Normalización Lingüística, Blas García, e maia concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. Tamén asistiron Oliva Agra e Pablo Beiroa, do PP de Ames, e Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, do BNG de Ames.

Rutas escolares polo Mar de Ovellas
Ademais desta ruta para público xeral, organizáronse andainas adaptadas para o alumnado dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro cun percorrido máis curto que permita desenvolver a actividade no horario escolar de tarde.

Deste xeito, o luns, 19 de febreiro, realizou a andaina o alumnado do IES de Ames, e os martes 7 e 21 de maio será a quenda do alumnado do IES do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Más de medio centenar de personas se unieron a una ruta rosaliana teatralizada por Mar de Ovellas"

Máis de medio centenar de persoas participaron na andaina polo Mar de Ovellas organizada a pasada fin de semana

Multimedia

  • Máis de medio centenar de persoas participaron na andaina polo Mar de Ovellas organizada a pasada fin de semana