Pestanas principais

Máis de 550 persoas asistiron á segunda edición do ciclo de monólogos de Ames

Luns, 26 de maio de 2025

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron desde o xoves 22 ata o pasado domingo 26 de maio os espectáculos da segunda edición do ciclo de monólogos de Ames. O programa incluíu figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuaron o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor á presenza feminina dentro do sector da comedia. En total, asistiron ás catro xornadas 563 persoas.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organizou unha nova edición do ciclo de monólogos, unha iniciativa que se estreou en maio do ano pasado e que contou con moi boa acollida entre o público amesá na súa primeira edición. Ao longo das catro xornadas do ciclo de monólogos deste ano, asistiron en total 563 persoas.  

Desta volta, contouse coas actuacións de figuras recoñecidas como Marta Doviro, Evaristo Calvo, Federico Pérez ou Soledad Felloza que, ademais, estiveron acompañados de artistas emerxentes como José Blanco, Kari Carbone, Cata Ukelele e Matías Cubilla. Deste xeito, procurouse formar un cartel no que se combinaran a experiencia e novos talentos. Ademais, este ano actuaron o mesmo número de mulleres que de homes, acadando así a paridade e poñendo en valor a presenza feminina no ámbito humorístico.

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, resaltou que “estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo este ciclo de monólogos por parte da veciñanza. En Galicia, sen ningún tipo de dúbida somos unha potencia nesta variedade cultural que son os monólogos. Este ano, en consonancia co tipo de políticas que intentamos levar a cabo, fixémolo paritario e inclusivo e, en vistas do éxito, xa estamos preparando o cartel do terceiro ciclo, o cal agardamos que teña unha acollida similar ao primeiro e o segundo”.

Catro xornadas de monólogos
A primeira sesión tivo como protagonistas a Marta Doviro e José Blanco, que actuaron o xoves 22 de maio en Bertamiráns. Nesta sesión a asistencia foi de 130 persoas. Por outra banda, na xornada do sábado, desenvolveuse a outra sesión que estaba programada en Bertamiráns, da man de Federico Pérez e Cata Ukelele e que foi a que contou cun maior número de participación, con 209 persoas.

Por outra banda, o venres e domingo tiveron lugar os espectáculos programados no Milladoiro. Na xornada do venres 23, foi a quenda de Evaristo Calvo e Kari Carbone, coa asistencia de 140 persoas. A sesión que pechou o ciclo o domingo, tivo como protagonistas a Soledad Felloza e Matías Cubilla e, ademais, o espectáculo contou con intérpretes de lingua de signos. A asistencia nesta derradeira sesión foi de 84 persoas.  

Homenaxe a Piti Sanz
Por outra banda, durante este ciclo de monólogos tamén houbo oco para as lembranzas e as homenaxes, concretamente para o músico, compositor e actor, Piti Sanz, unha figura fundamental dentro da escena audiovisual e teatral galega e que faleceu o pasado venres 23 de maio, aos 59 anos.

A sesión máis emotiva foi a de Evaristo Calvo, que actuou na xornada do venres e dedicou o seu monólogo en lembranza de Piti Sanz, co que traballou en varios proxectos. Nesta liña, o equipo do departamento de Cultura de Ames manifesta o seu pesar polo pasamento desta figura tan destacada no panorama artístico galego.

Novas relacionadas:

Diario de Santiago: "Máis de 550 persoas asistiron á segunda edición do ciclo de monólogos de Ames"

Máis de 550 persoas asistiron á segunda edición do ciclo de monólogos de Ames

Multimedia

  • Máis de 550 persoas asistiron á segunda edición do ciclo de monólogos de Ames