[30-11-2015] A décima edición do Festival de Maxia do Concello de Ames, que se desenvolveu dende o venres 20 ata o domingo 29 de novembro, tivo unha gran afluencia de público. Máis de 700 persoas asistiron á Gala unipersoal do Mago Karim e aos tres pases que se realizaron da Gala Máxica Internacional. Ademais, 50 nenos e nenas de entre 8 e 14 anos puideron participar nos obradoiros de maxia, 2.415 alumnos/as acudiron aos espectáculos de maxia programados para os centros de ensino, e unha gran cantidade de público infantil e adulto asistiu aos pases que os magos Dani García e Noel fixeron nas carpas máxicas instaladas nas rúas. Este festival estivo organizado polo Concello de Ames e contou coa colaboración da Deputación da Coruña.


Gala Máxica Internacional
A principal actividade do X Festival de Maxia de Ames foi a Gala Máxica Internacional. Este ano outra das novidades foi que houbo unha función máis da Gala Máxica Internacional sumando un total de tres pases aos que puideron acudir preto de 600 persoas. Esta gala, que estivo dirixida ao todos os públicos, estivo presentada polo mago Dani Polo e contou coa participación dos magos Pablo Cánovas, Raúl Alegría, Patxi e Sasha.
Esta gala celebrouse o sábado 28 no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso houbo dúas funcións ás que asistiron arredor de 430 persoas. No Milladoiro, a Gala Máxica Internacional celebrouse o domingo 29 de novembro no auditorio da Casa da Cultura. Neste caso asistiron arredor de 150 persoas.
A programación continuou dende o luns 23 ata o venres 27 de novembro con espectáculos de maxia para o alumnado dos centros de ensino de Ames. Deste xeito, 2.415 dos CEIP A Maía, Barouta, A Maía, do CEP de Ventín, da EEI Milladoiro, das escolas unitarias A Tarroeira e Covas, do colexio Alca e do IES de Ames puideron gozar da actuación de varios ilusionistas. Este fin de semana pasado estivo repleto de actuacións e obradoiros de maxia.
As actividades comezaron o sábado 28 na Casa da Cultura de Bertamiráns, e repetiranse o domingo 29 na Casa da Cultura do Milladoiro. Ás 11:00 da mañá, o mago Dani Polo ofreceu un obradoiro de maxia, que estivo dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. Nestes obradoiros de maxia infantil participaron uns 50 rapaces e rapazas (25 en Bertamiráns e 25 no Milladoiro).
Xa pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas, as actividades trasladáronse á Carpa Máxica, situada na praza da Maía, en Bertamiráns, e na praza Manuel Murguía, no Milladoiro. Dende a organización destacan a gran afluencia de público que houbo o domingo pola tarde no Milladoiro, para ver as actuacións dos magos Dani García e Noel dentro da Carpa Máxica.
O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, destacou que “o Festival de Maxia de Ames volveu a ser un éxito. Tanto nenos/as coma adultos gozaron coas diferentes actividades programadas durante os dez días que durou o festival. Este ano como novidades houbo unha gala unipersoal a cargo do Mago Karim, e ademais, houbo unha función máis da gala máxica internacional sumando un total de tres pases aos que puideron acudir preto de 600 persoas”.
A programación deste ano comezou o venres 20 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, cunha gala unipersonal a cargo do prestixioso Mago Karim á que asistiron arredor de 150 persoas. A celebración desta Gala foi unha das principais novidades que se incluíron nesta edición do festival.
Contido relacionado

El Correo Gallego: 'El festival de magia logró atraer a 3.500 personas a los distintos espectáculos'
La Voz de Galicia: 'El festival de magia amiense reunió a 3.500 personas'




