Pestanas principais

Máis de 350 nenos e nenas participaron en xullo nas actividades da Escola de Verán, que continúa en agosto

Martes, 31 de xullo de 2012

[31-07-2012] A Escola de Verán acolleu durante o mes de xullo a máis de 350 nenos e nenas de Ames, que pasaron as vacacións deste xeito lúdico e educativo. Este servizo, que permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria, continuará mañá coas actividades correspondentes ao mes de agosto. Neste mes, os nenos e nenas que asistiron á Escola de Verán puideron coñecer de preto distintos aspectos da historia a través de actividades e xogos. Cada semana, os rapaces abordaron un tema diferente, pero sempre relacionado coa temática central: Unha viaxe a través da historia.

A Escola de Verán desenvolvese en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas. Os rapaces e rapazas asisten por quincenas (1ª quincena de xullo, 2ª quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de agosto), un mes (xullo ou agosto) ou os dous meses (xullo e agosto). No mes de xullo, participaron en Bertamiráns 163 nenos e nenas e no Milladoiro acudiron a este servizo uns 190 rapaces e rapazas.

Un xeito diferente de pasar o verán. Ese é o obxectivo deste servizo que pretende ser unha alternativa para que os cativos pasen as súas vacacións dun xeito divertido e educativo. Ademais permítelles ás nais e aos pais conciliar a vida laboral e familiar. A Escola de verán está dirixida aos nenos e nenas que cursaron segundo ciclo de infantil e educación primaria.

Trátase de facer unha oferta lúdico-educativa para que os rapaces e rapazas que participan neste programa pasen un verán diferente cos seus compañeiros e na súa contorna á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación. As actividades que se desenvolven xiran ao redor dunha temática única, a historia. As actividades abórdanse con material específico para as idades dos rapaces participantes e van acompañadas de exemplos gráficos, obradoiros e visitas didácticas que fan este programa moito máis atractivo.ns 163 nenos e nenas e no Milladoiro acudiron a este servizo uns 190 rapaces e rapazas.



Contido relacionado


El Corrego Gallego: Máis de 350 nenos participaron en xullo nas actividades da Escola de Verán de Ames