[09-06-2015] O pavillón polideportivo do Milladoiro acolleu durante toda a xornada deste domingo pasado a sexta edición do Encontro de bolillos e labores artesanais, que organizou a Asociación Cultural A Silva en colaboración co Concello de Ames. Arredor de 220 palilleiras de toda Galicia tiveron a oportunidade de intercambiar coñecementos e mostrar as súas creacións. O concelleiro en funcións de Medio Ambiente, Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, e a concelleira do grupo municipal popular, María Concepción Penido, foron os encargados de entregarlle a todos/as os/as participantes os diplomas que acreditan a súa participación neste evento.




A programación do encontro comezou ás 10:00 horas coa recepción de todos/as os/as participantes. Dende ese momento e ata as 14:00 horas desenvolveuse a primeira parte deste encontro. Ao mediodía fíxose un descanso de dúas horas para comer. O encontro retomouse a partir das 16:00 horas. A continuación, arredor das 17:00 horas, desenvolveuse a entrega de diplomas a todas as asociacións participantes neste encontro. Ademais, ao longo de toda a tarde realizouse o sorteo de varios agasallos. O encontro rematou sobre as 19:00 h co acto de clausura.
O sexto encontro de palillos e labores artesanais reuniu a máis de 200 palilleiras de toda Galicia. O obxectivo principal desta xuntanza foi o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais. Os asistentes puideron achegar as súas creacións para que todas as persoas que estivesen interesadas neste labor artesanal puideran aprender as diferentes técnicas de elaboración.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Milladoiro resonó al ritmo de los bolillos y las palilleiras"
El Correo Gallego: "A Silva cerró con 220 palilleiras el encuentro de bolillos de Ames"




