Pestanas principais

Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo

Domingo, 07 de setembro de 2025

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organizou nos meses de xullo e agosto os habituais cursos de natación de verán, que tiveron lugar nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Nesta edición, participaron 118 nenos e nenas. Por outra banda, nestes dous meses estivais, tamén se desenvolveron os cursos de piragüismo na praia fluvial de Tapia que, desta volta, contaron con 25 participantes. Tanto as piscinas municipais como a área recreativa de Tapia permanecerán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.

Un ano máis, o departamento de Deportes do Concello de Ames, organizou os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro, que se desenvolveron durante os meses de xullo e agosto. Na edición deste ano, participaron un total de 118 nenos e nenas nestas actividades, participando 73 usuarios/as no mes de xullo (38 en Bertamiráns e 35 no Milladoiro), mentres que durante o mes de agosto asistiron 45 nenos e nenas (28 en Bertamiráns e 17 no Milladoiro).

Nestes dous meses do período estival, tamén tiveron lugar os cursos de piragüismo, que se realizan cada ano na praia fluvial de Tapia. Neste caso, a participación foi dun total de 25 rapaces e rapazas, asistindo 14 deles ao longo do mes de xullo, mentres que a participación durante o mes de agosto foi de 11 usuarios/as.

Abonos para as piscinas municipais
Por outra banda, na temporada de verán deste 2025, a Concellaría de Deportes emitiu 1.757 carnés para facer uso das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. En total foron emitidos 1.261 abonos familiares para toda a tempada, que poden empregar varios membros dunha mesma unidade familiar; 292 abonos individuais de adulto; e 148 son abonos individuais para menores de 18 anos. En canto aos abonos mensuais, foron emitidos 37 para usuarios/as menores de 18 anos; e 19 bonos mensuais para adultos. O número de usuarios/as aproximado que fixo uso das piscinas municipais con carné foi dunhas 5.000 persoas. 

Horario piscinas descubertas e praia fluvial de Tapia
Por outra banda, cómpre lembrar que as piscinas descubertas municipais están abertas ao público xeral desde mediados do mes de xuño. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns é de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura é de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios hai servizo de vixilancia e socorrismo. Estas instalacións estarán abertas ata o vindeiro día 15 de setembro.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo, en Ames"

Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo

Multimedia

  • Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo
  • Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo
  • Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo
  • Máis de 140 nenos e nenas participaron este verán nos cursos de natación e piragüismo