Pestanas principais

Máis de 130 nenos e nenas amesás participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2023

Venres, 29 de decembro de 2023

Desde o pasado 22 de decembro, e ata o vindeiro 5 de xaneiro, está a desenvolverse no Concello de Ames o programa de conciliación Nadal Lúdico. Esta oferta educativa e de ocio, organizada pola Concellería de Educación, está dirixida a familias amesás que precisen axuda á hora de compatibilizar a súa vida laboral e familiar. Nesta edición están a participar, en horario de 7:30 a 16:00 horas, 137 nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria.

O programa desenvólvese os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024. Nel ofértanse os servizos de conciliación habituais dos programas municipais, como os Bos Días ou o comedor, para adaptarse ás necesidades de cada familia. Por esta razón tamén son flexibles os horarios de entrada e saídas das crianzas participantes: poden incorporarse ás 7:30 ou ás 9:00 horas (cun almorzo especial para os máis madrugadores), e ser recollidos ás 14:30 ou ás 16:00 horas.

O Nadal Lúdico 2023 lévase a cabo tanto no CEP de Ventín (onde participan 42 nenos e nenas) como no CEIP da Maía (con 60 usuarios). A eles súmaselles este ano a EEI Milladoiro, onde participan 35 nenos e nenas. Nesta edición empregaranse os distintos xéneros cinematográficos para convertelos nun recurso pedagóxico para favorecer a comunicación, o pensamento crítico, a colaboración, a creatividade e a imaxinación.

Esta mañá a concelleira de Educación, Carmen Porto, visitou aos participantes do CEIP da Maía, para falar coas crianzas e cos monitores encargados das actividades, e facer así un balance do programa municipal de conciliación. A concelleira valorou moi positivamente o traballo que se está facer nos centros como parte do programa de conciliación, e destacou o papel dos monitores e monitoras encargados de coidar e entreter aos máis pequenos nestas mañás de Nadal. Así mesmo, animou a outros nenos e familias do concello a participar neste Nadal Lúdico, onde non só fan actividades, senón que “tamén fan novos amigos e desfrutan dunha xornada divertida e entretida”.

Programa do Nadal Lúdico 2023: “Cinema sen límites”

Este ano, o alumando recibirá varias visitas sorpresa de monitores e monitoras caracterizados como personaxes de cine, que os convidarán a coñecer os inicios do cine e a animaranos a participar e diferentes e variadas propostas.

Un exemplo é a actividade “Escea muda”, coa que activarán a expresión corporal para tratar de expresar sentimentos e emocións sen empregar a linguaxe oral, tal e como se facía no cine mudo.

Con “Elaboración dun traumatropo” a rapazada porá en práctica as súas dotes artísticas fabricando este xoguete óptico que reproduce o movemento mediante dúas imaxes, e que se pode considerar como un dos múltiples inventos previos aos inicios do cine.

Tamén se achegarán ao cine de aventuras con “En busca da chave perdida”, un xogo de pistas no que os nenos e nenas terán que axudar as personaxes máxicas do Nadal (Babushka, A Befana, O Apalpador, Olentzero, Reis Magos, etc.) a saír da cova onde que se reúnen cada ano e na que os deixou atrapados un pequeno troll fedello.

Despois destas actividades, coas que experimentarán cos distintos xéneros cinematográficos, o alumnado participará na actividade “Cinema Maxín”, onde elaborarán un pequeno guión para filmar unha curtametraxe.

Ademais, haberá xogos cooperativos, predeportivos e musicais ambientados en distintas películas que marcaron a distintas xeracións ao longo da historia do cine.

A programación ao completo e o post das actividades que se están a realizar dentro do programa de conciliación Nadal Lúdico pódense consultar ao completo premendo nesta ligazón.

Máis de 130 nenos e nenas amesás participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2023

Multimedia

  • Máis de 130 nenos e nenas amesás participan no programa municipal de conciliación Nadal Lúdico 2023