[25-06-2015] Esta mañá, ás 10:30 horas, un grupo de 41 nenos e nenas de 4º, 5º e 6 de educación infantil partiron cara a granxa escola Fervenzas do Toxa, que está situada en Silleda, para pasar uns días de lecer e diversión a través dos campamentos municipais que oferta o Concello de Ames. O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Educación, Luísa Feijóo, e o concelleiro de Desenvolvemento sostible, Infraestruturas e Planificación, Blas García, achegáronse ata a parada de autobús da rúa Alcalde Lorenzo para comprobar que a saída dos nenos/as se producía correctamente.

O servizo municipal de campamentos de verán, supón unha oferta formativa de desenvolvemento persoal concibida para que, de xeito progresivo, os/as nenos/as e mozos/as adquiran as ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, cooperación, respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que permite un achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura. Esta iniciativa enmárcanse dentro dos programas de dinamización de actividades dirixidas ao público desenvolvidas tanto pola Aula da Natureza como da Oficina de Información Xuvenil.
Esta mañá marcharon cara os campamentos municipais os primeiros rapaces e rapazas amienses. Un grupo de 41 nenos e nenas de 4º, 5º e 6 de educación infantil partiron cara a granxa escola Fervenzas do Toxa, que está situada en Silleda. Os rapaces e rapazas de 4º e 5º estarán neste lugar dous días e unha noite, mentres que que este ano cursaron 6º de educación infantil disporán de tres días e dúas noites para estar neste campamento.
Por outra banda, mañá partirá un grupo de 76 nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria cara a granxa escola El Kiriko, que está en Fornelos de Montes, onde pasarán tres días e dúas noites. Nestas campamentos os rapaces e rapazas participarán en actividades de grupo, xogos colectivos, actividades de auga como o piragüismo e obradoiros ambientais. Ademais, practicarán escalada e farán actividades de cociña, horta e granxa.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Niños de Ames inician las estancias en granjas escuelas"




