[10-07-2014] A empresa Lapido Sport, en colaboración co Concello de Ames, organizou o XVI Campus de tenis LapidoSport – I Concello de Ames. Esta actividade deportiva, que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 16 anos, estase impartindo nas instalacións deportivas do Milladoiro. Este campus de tenis está tendo un gran éxito de participación. Ata este momento xa hai máis de 100 participantes, pero aínda está aberto o prazo para inscribirse na segunda quincena de xullo e na primeira ou segunda quincena de agosto. Neste campus de verán combínase a aprendizaxe de inglés coa práctica do tenis. Estas actividades compleméntanse con piscina, fútbol sala, baloncesto e xogos ao aire libre.
Inscrición no campus de tenis
Aínda que este campus xa comezou, todos os pais e nais que desexen inscribir aos seus fillos/as poderanos apuntar na segunda quincena de xullo ou na primeira/segunda quincena de agosto. As inscricións para participar neste campus pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo campamentos@lapidosport.com. Para máis información hai que chamar ao número de teléfono 645 663 900 ou entrar na páxina web www.lapidosport.com.
O prezo do campamento é de 84 euros para os rapaces e rapazas residentes en Ames, mentres que os que non residen en Ames teñen que pagar 105 euros. Estes prezos son por neno/a e quincena. O bono semanal do restaurante ten un prezo de 30 euros. Cada rapaz/a pode anotarse nunha ou en varias quincenas e poden gozar de descontos nos prezos establecidos. Deste xeito, ofrécese un desconto do 5% no caso de anotarse dous irmáns; 10% para tres irmáns; e 15% para catro irmáns. Os participantes que se inscriban tres semanas teñen un desconto do 5%; por catro semanas hai un desconto do 10%; e por cinco ou máis semanas aplícase un desconto do 15%. Estes descontos poden sumarse.
O XVI Campus de tenis LapidoSport – I Concello de Ames, que organizan o Concello de Ames e a entidade Lapido Sport, está tendo un gran éxito de participación con máis de 100 inscritos. Nesta iniciativa colaboran outras entidades como son o Club de tenis Val da Mahía, Time Matters Sport Management e Profut. Trátase dun campamento de verán que combina principalmente a aprendizaxe de inglés coa práctica do tenis. Principalmente, impártense clases de tenis, pero os participantes tamén practican outras modalidades deportivas como o fútbol sala e o baloncesto. Os rapaces e rapazas tamén participan en actividades de piscina e realizando xogos ao aire libre.
Este campus é a primeira vez que se fai nas instalacións deportivas municipais do concello e no IES do Milladoiro. Para desenvolver este evento deportivo cóntase cun pavillón cuberto, un ximnasio, tres canchas exteriores, dúas piscinas e un auditorio. O programa do campamento desenvolverase de luns a venres, en horario de 8:45 a 15:30 horas. Os días festivos non hai campamento. Os nenos e nenas chegan as instalación deportivas do Milladoiro entre as 8:45 e as 10:00 horas. Durante este tempo poden ver series e películas en inglés na pantalla xigante do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.
De seguido, entre as 10:00 e as 12:00 horas, impártense as principais actividades deste campus que son as clases de tenis. Ademais, os participantes practican outras modalidades deportivas como o fútbol sala e o baloncesto. Os rapaces e rapazas tamén participan en actividades de piscina e realizan xogos ao aire libre. A partir das 14:00 e ata as 15:30 h ofrécese o servizo de comedor para todos os rapaces rapazas que solicitan este servizo.
Esta actividade deportiva, que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 16 anos, impártese nas instalacións deportivas do Milladoiro. Os usuarios/as están divididos por idades e por niveis de xogo. Deste xeito, hai dous grupos: iniciación e avanzado. Para os participantes que xa están integrados no circuíto rexional xuvenil ou para os que se inician na competición creouse un grupo específico de tenis avanzado, mentres que todos os rapaces e rapazas que están comezando a practicar tenis fíxose un grupo de iniciación.




