Pestanas principais

Listaxes de persoas admitidas e reservas nas Escolas Deportivas Municipais de Ames

Xoves, 21 de setembro de 2017

[21-09-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, informa das listas de persoas admitidas e dos usuarios/as que están en lista de agarda nas Escolas Deportivas Municipais de Ames (curso 2017-2018).

As persoas que obtiveran praza tralo sorteo deberán solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. Tamén se pode solicitar de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Casa do Concello, en Bertamiráns, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Posteriormente, haberá que efectuar o pagamento das actividades nas que van a participar entre o 21 e o 27 de setembro. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non será necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada. As actividades das Escolas Deportivas comezarán na semana do luns 2 de outubro, rematando a semana do 31 de maio de 2018.