Pestanas principais

Listaxe provisional do profesorado seleccionado para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”

Mércores, 20 de agosto de 2014

[20-08-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica e Traballo, informa das listas provisionais de candidatos seleccionados para formar o equipo directivo do obradoiro de emprego “Entre Ríos”. Trátase dun programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e promovido polo Concello de Ames, en colaboración co concello de Brión. O equipo directivo estará composto por 5 profesores/as. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista provisional.