Pestanas principais

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas para as hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames

Martes, 08 de outubro de 2013

[08-10-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, fai públicas a listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas para as hortas urbanas municipais sostible e solidarias. Nestas listas provisionais aparecen as solicitudes admitidas e excluídas nas tres modalidades de concesión (libre, maior de 65 anos e en risco de exclusión social). Trátase dun listado provisional e agora abrese un prazo de 10 dias hábiles, contados dende o día seguinte á exposición deste listaxe provisional, para subsanar a falta ou presentación dos documentos preceptivos. Despois, farase o sorteo.

De conformidade ao artigo artigo 12 da Ordenanza reguladora do funcionamento de hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames concédese un prazo de 10 dias hábiles, contados dende o día seguinte á exposición deste listaxe provisional, para subsanar a falta ou presentación dos documentos preceptivos. De non facelo así entenderase desistido da súa solicitude.