Pestanas principais

Listaxe provisional de candidatos seleccionados para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”

Luns, 11 de agosto de 2014

[11-08-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica e Traballo, informa das listas provisionais de candidatos seleccionados para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”. Trátase dun programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e promovido polo Concello de Ames, en colaboración co concello de Brión. A especialidade a impartir é a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Neste obradoiro participarán 22 alumnos (18 alumnos/as do Concello de Ames e 4 alumnos/as do Concello de Brión). O equipo directivo estará composto por 5 profesores/as. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a lista provisional de candidatos seleccionados. En primeiro lugar aparecen os 4 candidatos seleccionados do concello de Brión, e a continuación, pódense ver os 18 candidatos seleccionados de Ames. Tamén figuran os candidatos que forman a lista de agarda.