Pestanas principais

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para as hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Milladoiro

Venres, 14 de marzo de 2014

[14-03-2014] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, fai pública a listaxe definitiva das solicitudes admitidas e excluídas para as hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Milladoiro. Nesta lista aparecen as solicitudes admitidas e excluídas nas tres modalidades de concesión (libre, maior de 65 anos e en risco de exclusión social). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista. O sistema de adxudicación das hortas entre todas as solicitudes admitidas, tendo en conta as porcentaxes reservadas para emerxencia social e para persoas maiores de 65 anos, realizarase mediante sorteo público que terá lugar o martes 18 de marzo, ás 11:00 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello.

O sorteo celebrarase baixo a presidencia do Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue e en presenza do/a secretario/a do Concello ou do/a funcionario/a en quen delegue que dará fe do acto. Neste sorteo determinarase que horta lle corresponde a cada persoa adxudicataria. O resultado do sorteo expoñerase o día 18 de marzo no taboleiro oficial e na páxina web do Concello de Ames.