[24-10-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, fai pública a listaxe definitiva coas solicitudes admitidas e excluídas para as hortas urbanas municipais sostible e solidarias. Nestas listas provisionais aparecen as solicitudes admitidas e excluídas nas tres modalidades de concesión (libre, maior de 65 anos e en risco de exclusión social).
O sistema de adxudicación das hortas entre todas as solicitudes admitidas, tendo en conta as porcentaxes reservadas para emerxencia social e para persoas maiores de 65 anos, realizarase mediante sorteo público que terá lugar o venres 25 de outubro, ás 12:00 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello.
O sorteo celebrarase baixo a presidencia do Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue e en presenza do/a secretario/a do Concello ou do/a funcionario/a en quen delegue que dará fe do acto, Neste sorteo determinarase que horta lle corresponde a cada persoa adxudicataria. Os/as solicitantes que non obteñan parcela, formarán parte dunha lista de agarda. O resultado do sorteo expoñerase o día 28 de outubro no taboleiro oficial e na páxina web do Concello de Ames.




