Mércores, 07 de outubro de 2015
[07-10-2015] O Concello de Ames informa de que xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos/as na adxudicación de cesión de uso das parcelas das hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames, situadas no núcleo urbano do Milladoiro. O sistema de adxudicación das hortas entre todas as solicitudes admitidas, tendo en conta as porcentaxes reservadas para emerxencia social e para persoas maiores de 65 anos, realizarase mediante sorteo público, que terá lugar o xoves 8 de outubro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita listaxe.




