Mércores, 17 de xaneiro de 2018
[17-01-2018] O sorteo público para a asignación das prazas da Campaña de Esquí 2018 realizouse esta mañá na Casa do Concello. As persoas seleccionadas son as que aparecen en cor amarela. No caso de que algunha delas renuncie á praza, esta pasará á persoa situada inmediatamente despois. Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, porén pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura tanto nesta lista, como na copia de inscrición de cada usuaria e usuario. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa.




