Pestanas principais

Listaxe coas persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais (curso 2018-2019)

Xoves, 20 de setembro de 2018

[20-09-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, fai pública a listaxe coas persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2018-2019. As persoas que obtiveran praza, despois do sorteo realizado o pasado 19 de setembro, deberán solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico ou de xeito presencial e efectuar o pagamento das actividades nas que van a participar entre o 21 e o 26 de setembro. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non será necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

A folla de autoliquidación pódese solicitar por correo electrónico a través dos enderezos: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. As actividades das Escolas Deportivas comezarán na semana do luns 1 de outubro, rematando a semana do 31 de maio de 2019. Para a formación de grupos será preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas dispoñibles. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe coas persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais.