Luns, 24 de febreiro de 2014
[24-02-2014] O Concello de Ames publica a lista coa orde definitiva na que quedaron os aspirantes que participaron no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Esta lista queda composta polas persoas que superaron o proceso na orde establecida pola puntuación final acadada por cada un deles/as, e despois de dirimir os posibles empates mediante o sorteo celebrado en audiencia pública o 24 de febreiro de 2014 no salón de Plenos do Concello. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o documento con toda a información.




