[16-06-2017] O Concello de Ames informa das listas provisionais de solicitudes admitidas para os servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) de cara ao curso 2017-2018. Para que a praza provisional se faga definitiva é necesario que se formalice a matrícula dos servizos complementarios do 20 de xuño ao 7 de xullo no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, nas Oficinas xerais do Milladoiro ou a través da páxina web www.conciliames.org. Establécese un prazo de 10 días hábiles para reclamar. Unha vez finalizado dito prazo publicaranse as listas definitivas e abrirase un prazo de matricula para ditas solicitudes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas.
Nota de aclaración: No CEIP da Maia hai 36 prazas dispoñibles no servizo municipal de comedores escolares, a expensas de que se produza algunha baixa ou traslado dos usuarios/as que xa realizaron a renovación de praza. Os pais e nais que non solicitasen o servizo de comedor para os seus fillos/as no CEIP da Maía poden matriculalos nos servizos de Bos días Cole e Tardes divertidas, sempre e cando a súa solicitude estea admitida. As solicitudes que saen coa lenda deberá subsanar para matricular, teñen que subsanar os erros notificados para poder reclamar.




