[06-05-2016] O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listas provisionais de admitidos nos campamentos municipais de verán 2016. Estas listas están colgadas na entrada da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas xerais do Milladoiro.
Aínda nestas listas pon que no campamento de Barreiros I haberá sorteo, e que en Barreiros II non hai nenos/as suficientes para o desenvolvemento deste campamento, isto non é así porque algúns dos inscritos en Barreiros I pasaron a Barreiros II, polo que se desenvolverán ambos campamentos sen ser preciso que haxa sorteo en ningún dos dous. Con respecto ao campamento no Xurés, onde é preciso sorteo, estase intentando ampliar o máximo posible as prazas ofertadas.
Para ampliar calquera outra información sobre os campamentos dirixidos ao alumnado de infantil e primaria, así como do campamento urbano poden chamar ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Para solicitar información sobre os campamentos dirixidos ao alumnado de secundaria e bacharelato deben chamar ao número 616 083 229 ou enviar un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.




