Pestanas principais

Listas provisionais de admitidos nas escolas infantís municipais (curso 2016-2017)

Venres, 06 de maio de 2016

[06-05-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Cultura, informa de que saíron publicadas as listas provisionais de admitidos para as escolas infantís municipais (curso 2016-2017). Poden consultarse nas dependencias das propias escolas, na porta de entrada da Casa do Concello ou nas portas de entrada das Oficinas municipais do Milladoiro. Haberá 10 días para facer posibles alegacións e a finais de maio sairán as listas definitivas. Os pais/ nais dos nenos/as admitidos deberán facer a matricula do 1-15 de xuño.