[23-05-2011] As concellarías de Medio Ambiente, Mocidade e Educación poñen en marcha un ano máis unhas das actividades máis esperadas polos cativos, os campamentos de verán. Todos os nenos/as e a mocidade de entre 13 e 18 anos, poderán gozar destes campamentos durante a época estival. Deste xeito, todos os cativos terán a posibilidade de pasar uns días divertidos ao tempo que fan novos amigos e coñecen o respecto polo medio ambiente. As listas provisionais de admitidos e excluídos dos campamentos de verán estarán expostas dende o 23 ata o 28 de maio. As listas poderán ser consultadas nas portas da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Xerais do Milladoiro. O día 3 de xuño sairán publicadas as listas definitivas de admitidos e excluídos.




