Xoves, 21 de febreiro de 2019
[21-02-2019] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no programa Entroido Lúdico de 2019. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas, así como a información do programa en ambas localidades. Esta información tamén pode ser consultada nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. Tamén se pode descargar información de interese deste programa. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 4, 5 e 6 de marzo en horario de 7:30h a 16:00 horas.




