Pestanas principais

Listas de admitidos/as no proceso de renovación de prazas nos servizos complementarios (Bos días Cole, Tardes divertidas e Comedores escolares)

Mércores, 15 de xuño de 2016

[15-06-2016] O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listaxes de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación para o curso 2016-2017. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de admitidos/as nos servizos de Bos días Cole, Tardes divertidas e na Rede municipal de comedores escolares. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Estas listas tamén se poden consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, na Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. Os usuarios/as teñen que comprobar que estean aceptados, senón fora así teñen que solucionalo no departamento de Educación e regularizar a súa situación.