[27-01-2016] O Concello de Ames informa de que xa se fixo pública a listaxe dos alumnos e alumnas escollidos para participar na Campaña de Esquí 2016, organizada pola Deputación da Coruña. Lémbraselles aos pais e nais de que deberán confirmar a praza, entregando a documentación correspondente e incluíndo unha copia do aboamento da cota de inscrición, de 95 euros. No apartado de descargas poderase acceder aos nomes dos seleccionados e seleccionadas.Na listaxe inclúense tamén os 6 rapaces e rapazas seleccionados para a lista de espera, que pasarán a ocupar, por orde de lista, as prazas que poidan quedar vacantes. A quenda que lle corresponde aos participantes, que deben ter idades comprendidas entre os anos 2001,2002, 2003, 2004 e 2005 é a quinta do programa, tendo o curso lugar entre os días 6 e 11 de marzo.