Pestanas principais

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a provisión de dous técnicos de inserción laboral (InserAmes-Brión IX)

Xoves, 08 de setembro de 2016

[08-09-2016] O Concello de Ames informa, a través do departamento de persoal, da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a provisión, polo procedemento de urxencia, con carácter temporal e ao 85% da xornada, de dous postos de persoal laboral na categoría de técnico medio de inserción laboral/prospección de empresas, no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión IX 2016-2017", anuncio que foi publicado no BOP número 160, de 24 de agosto de 2016. O prazo de subsanación de documentación remata o día 14 de setembro de 2016.