Mércores, 28 de xuño de 2017
[28-06-2017] O departamento de Persoal fai pública a lista provisional de aspirantes aos postos de xefe de brigada e peóns, declarando admitidos e excluídos aos aspirantes que figuran no anexo II desta resolución. No prazo de tres días hábiles os/as interesados/as poden proceder a subsanación das súas solicitudes e/ou á presentación das reclamacións que estimen oportunas. Dito prazo remata o luns 3 de xullo de 2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.




